martes, 1 de diciembre de 2009

A romaría de Neixón

A romaría de Neixón é unha festa que se celebra todos os anos na parroquia de Cespón concretamente en Neixón.

A festa xurdiu no ano 1978 cando, trala construción dun campo de fútbol na zona os parroquiáns de Cespón e sobre todo de Nine tomaron a iniciativa de celebrar a romaría.

A Romaría de Neixón é unha festa que se celebra o segundo domingo de agosto. Actualmente nesta festa os moz@s acampan no arredor do centro da festa. Esta festa comeza coa procesión dende a Igrexa de San Vicente de Cespón cara Neixón na que dous santos pasean de camiño a Neixón os pobos de Quinteiro e Nine. Despois desta procesión celebrase unha misa na honra destes dous santo.






A festa continua despois con unha mexilloada e unha sardiñada feita polo bar de comisión de festas, esta sesión de vermú esta acompañada polos bailes tradicionais e pola actuación da orquestra.
A tarde deste día vai ser animada pola actuación de gaiteiros recorrendo todo o campo da festa e pola noite celébrase unha festa que é animada pola actuación dunha orquestra.



http://gl.wikipedia.org/wiki/Romar%C3%ADa_de_Neix%C3%B3n